Frases célebres

"Mejor ser odiado por ser lo que eres, que ser amado por ser lo que no eres."
André Paul Guillaume Gide

lunes, 20 de enero de 2014

Grifo Neumático:Actividade Organización da Aula-Obradoiro de Tecnoloxía

Tras moito tempo sen publicar nada debido ás esixencias do guión, volvemos ó ataque co Blog de Yago. E facémolo cun rexistro moi diferente ó habitual, cun proxecto para a asignatura de Organización da Aula Taller de Tecnoloxía do Máster de formación para o profesorado que estou cursando actualmente. A actividade en cuestión consiste na montaxe dun grifo neumático caseiro a partires de materiais común. Imos botarlle una ollada ó resultado.


Descripción:

O obxectivo do proxecto é construir un grifo neumático sinxelo, empregando materiais comúns, coma son globos, a cápsula dun carrete de fotos e un pequeño motor eléctrico. Recúbrese a cápsula do carrete de fotos con 2 globos ós que previamente se lles practicou un pequeño orificio, de xeito que temos un canal para o paso do aire. A cada extremo dos globos adaptarase unha peza cortada da tapa dun rotulador a modo de boquillas, unha para a entrada e outra para a saída do aire. Para que a posición de equilibrio do grifo sexa pechado, estrangularanse os globos xirándoos, de xeito que non permitan o paso do aire. Para estabilizar esta posición de pechado, empregase unha pequena goma elástica para manter o estrangulamento dos globos. Para a apertura do grifo emprégase un pequeno motor eléctrico, accionado por un pulsador, unindo o eixo do motor mediante un cordel ó canal que forma a cápsula do carrete, de xeito que o xiro do motor venza a resistencia da goma e faga xirar ós globos de forma que se liberen do estrangulamento e permitan o paso do aire a través deles e se expulse pola boquilla de saida.

Deseño:

A continuación móstranse unas fotografías co deseño do prototipo:

 
 
Materiais:

Coma base para o grifo neumático empregarase plafón de madeira. Tamén se utilizan pequenos tacos de madeira coma soportes para os distintos elementos da montaxe.
Para construir o canal do aire úsanse 2 globos e a cápsula dun carrete de fotos, así coma parte das tapas duns rotuladores para as boquillas.
Para o sistema de peche e apertura do grifo, emprégase unha pequeña goma elástica, un anaco de cordel, un pequeño motor eléctrico, cable de cobre para as conexións, un pulsador e unha pila de petaca.

No tocante á ferramenta empregada no proxecto, usouse unha serra de man para cortar a madeira necesaria para a base e os soportes, texoiras para facer un pequeño corte nos globos e cortar e pelar o cable eléctrico, a pistola de silicona para fixar os diferentes componentes á base de madeira e ós soportes, así coma a goma e o cordel á capsula do carrete, e un berbiquí para facer o buraco do soporte do cordel no eixo do motor e o enganche da goma elástica.

Medidas:

A base na que se monta o prototipo ten unas dimensións aproximadas de 20x60 centímetros. Os soportes do canal son aproximadamente cadrados, de lados de 4 centímetros. A cápsula do carrete ten una lonxitude de 5 centímetros cun diámetro de 2,5 centímetros. As tapas dos rotuladores teñen una lonxitude aproximada de 4 centímetros.

Fases de construcción:

En primeiro lugar deséñase o modelo do grifo a construir. A continuación córtase a madeira e os soportes para o grifo. Constrúese o canal de aire practicando orificios nos globos e embutindo a cápsula do carrete con eles. A continuación móntase o canal do aire nos soportes. O seguinte paso é montar o sistema de apertura e peche do canal de aire coa goma elástica para a posición de pechado en primeiro lugar, e para a apertura co motor eléctrico de seguido. Esta é a fase crítica da montaxe, xa que para que o grifo funcione adecuadamente o axuste tanto da goma elástica coma do cordel no motor eléctrico debe ser moi preciso para que o grifo funcione correctamente. Para rematar, unha vez comprobado que o motor abre correctamente o grifo, fíxanse as conexión eléctricas do motor, o pulsador e a pila na base de madeira.

Reparto de fases:

A etapa de deseño faise de xeito conxunto. A continuación, mentres un dos membros do grupo selecciona e corta a madeira para a base e os soportes do grifo, o outro membro constrúe o canal do aire cos globos, a cápsula do carrete e as tapas dos rotuladores. Unha vez rematadas ambas tarefas, o membro do grupo que preparou o canal do aire o monta nos soportes, mentres o outro membro prepara as conexión para o sistema de apertura e peche do grifo. Dada a importancia do correcto axuste deste sistema, as conexión finais da goma elástica e o cordel que une o eixo do motor gos globos realizarase entre os dous membros do grupo. Finalmente repartese o traballo do conexionado eléctrico definitivo entre os dous componentes do grupo. Para rematar, un acciona o grifo mentres o outro graba un vídeo co funcionamento do mesmo.

Temporización:

Para a realización do grifo neumático, utilizamos aproximadamente a metade dunha sesión (2 horas), e case a totalidade da sesión seguinte, excluíndo o descanso e a explicación teórica (3 horas aproximadamente), polo que a duración aproximada serían 5 horas. A estimación do tempo necesario para que levaran a cabo o mesmo proxectos os alumnos sería aproximadamente a mesma, realizando unha estimación de 6 horas para que teñan tempo suficiente para rematalo. O ideal sería poder agrupar as horas de traballo en sesións dobles para que o tempo renda máis, xa que 7 sesións normais de 50 minutos poden resultar escasas.

Video de funcionamento:

Para rematar, ilustramos o funcionamento do grifo neumático cun vídeo do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario